miércoles, 14 de octubre de 2020

Bo día a tod@s!!!
Estades traballando moito... hoxe toca facer estas tarefas. Ánimo!

Matemáticas:
  • Aprenderemos ou repasaremos a táboa do 4 coa ficha interactiva.
  • Repaso da descomposición de números (ficha interactiva).
  • Hoxe propoño que sexades vós os que lle poñedes exercicios de cálculo mental aos vosos pais (a ver que tal o fan 😉).
Lengua castellana:
  • A proposta de hoxe é a lectura de "El erizo y el globo". Lembrade que será máis sinxelo se escoitamos primeiro como o fai o contacontos e despois o intentades vós. Coma sempre, podedes mandar a gravación da vosa lectura.
  • Pedídelle a algún adulto que vos dicte ata a terceira páxina do conto e o escribides no voso caderno de lengua castellana. Despois podedes facer un debuxo do conto.
Naturais:
  • Hoxe toca repasar o aparato respiratorio. O mércores mandarei un cuestionario. Recordade que tedes que darvos de alta entrando na aula virtual e clicando en "darse de alta en cuestionarios".  Poñede o voso nome completo para que eu poda identificarvos.
Sociais:
  • Deixo unha ficha do universo, servirá para repasar. 
Plástica:
  • No blog hai un par de vídeos que vos poden servir de idea para decorar os vosos marcapáxinas pero se os personalizades vós, seguro que quedan moito máis chulos. O que non se lembre de facelos pode axudarse dos vídeos.
Un bico!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Divisiones de dos cifras