martes, 13 de octubre de 2020

 Bo día a todos e todas!! 

Espero que esteades moi ben e que comecedes o día con moita enerxía!

A proposta de actividades para hoxe é: 

Matemáticas:

  • Abrir o libro na páxina 13 e facer o exercicio 6. Non olvides poñer a data! 
  • Tamén podes repasar a táboa do 3 na ficha interactiva.
  •  Podedes xogar a facer cálculo mental con alguén de casa.
Lingua Castelá:
  • Abrir o libro na páxina 22 e facer o exercicio 3.
  • Podes facer a ficha interactiva do dictado.
Lingua Galega:
  • Intenta facer a lectura do luns 12 de outubro do Chivo Chivón. Podes gravar un cachiño e enviarmo.
Ciencias naturais:
  • Hoxe repasaremos o aparato respiratorio, podes entrar na aula virtual co teu usuario e contrasinal e mirar no libro de Sociais, alí atoparás información sobre o aparato respiratorio.
  • Tamén podes facer a ficha interactiva, nela atoparás un vídeo de como facer un aparato respiratorio cunha botella, dous globos e unhas palliñas. Se tes material, podes intentalo.
Aqueles que lles apeteza debuxar e pintar, tamén podedes enviarme fotos dos vosos debuxos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Divisiones de dos cifras