Bo día a todos e todas!!
Espero que esteades moi ben e que comecedes o día con moita enerxía!
A proposta de actividades para hoxe é:
Matemáticas:
- Abrir o libro na páxina 13 e facer o exercicio 6. Non olvides poñer a data!
- Tamén podes repasar a táboa do 3 na ficha interactiva.
- Podedes xogar a facer cálculo mental con alguén de casa.
Lingua Castelá:
- Abrir o libro na páxina 22 e facer o exercicio 3.
- Podes facer a ficha interactiva do dictado.
Lingua Galega:
- Intenta facer a lectura do luns 12 de outubro do Chivo Chivón. Podes gravar un cachiño e enviarmo.
Ciencias naturais:
- Hoxe repasaremos o aparato respiratorio, podes entrar na aula virtual co teu usuario e contrasinal e mirar no libro de Sociais, alí atoparás información sobre o aparato respiratorio.
- Tamén podes facer a ficha interactiva, nela atoparás un vídeo de como facer un aparato respiratorio cunha botella, dous globos e unhas palliñas. Se tes material, podes intentalo.
Aqueles que lles apeteza debuxar e pintar, tamén podedes enviarme fotos dos vosos debuxos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.