Bo día de novo a todos e todas!!!
Aquí vos deixo unha proposta de tarefas para hoxe.
Matemáticas:
- Xa imos pola táboa do 4! Ídevos preparando para o cálculo a semana que ven.
- Tamén podedes facer unha ficha interactiva con coordenadas. Se vos resulta difícil non pasa nada, xa a faremos noutra ocasión.
Lingua galega:
- Hoxe tentaremos crear unha historia. Seguide os pasos que vos indican na ficha. Se vos apetece podedes mandarme un audio coa vosa historia.
Naturais:
- Esta ficha é moi sinxela, seguro que a facedes nun periquete! Podedes entrar no libro de naturais da aula virtual e repasar o sistema circulatorio.
Se tedes tempo podedes darlle un repaso ao universo, sistema solar e movementos da Terra. O venres tentaremos facer un cuestionario sobre este tema.
Ah! Non vos olvidedes practicar a lectura. Deixo un conto sobre o rey da selva... espero que vos guste.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.